Sunday 28 de April de 2024

Continúan as actuacións do programa Música na Rúa


O sábado 30 de xullo, entre as 20:30 e as 22:30 horas, terán lugar novas actuacións musicais englobadas no programa Música na Rúa. A artista Sophie Simonds actuará fronte ao Hotel Alda e o grupo Calle Rumba próximo ao Debén en Santa Cristina. A banda musical #dosenpunto situarase onde A Perla en Mera.

Música na Rúa continuará coa súa programación no mes de agosto amenizando as terrazas de cafeterías e bares das localidades de Santa Cristina, Mera e Santa Cruz.